Mámoa de Chan da Cruz. nº18
Mámoa de Chan da Cruz. nº18
Descrición
Medidas do túmulo: 11.50 m. (eixe N-S); 20.50 m. (E-W); 1m. de altura (polo lado N).
Túmulo gravemente alterado cun gran cono de espolio, de aprox. 2 m. de fondo, que afecta ao centro e a parte S do xacemento; este furado non puido ser medido por estar moi cuberto de vexetación (toxo, silva e algún pequeno piñeiro) e de lixo.
Na parte centro-norte do túmulo hai outra depresión de menor tamaño que “enlaza” coa antes citada. Nalgunhas zonas, debido a alteracións producidas por animais, pódense ver restos da terra que conforma a masa tumular (moi fina e de cor avermellada) así como pedras dunha coiraza.






