Mámoa de Chan da Cruz nº1A

Mámoa de Chan da Cruz nº1A

Descrición

Medidas do posible túmulo: 10 m. (eixe N-S); 9.90 n. (E-W); menos de 0.50 m. de altura.

Aínda que non está claro que se trate dun túmulo, o seu “aspecto”, o emprazamento e o achegamento doutros túmulos son factores favorables para consideralo como tal; sen embargo, o seu pequeno tamaño xunto co feito de estar cuberto de vexetación, dificultan unha identificación precisa.

A circunstancia de que na zona non foran atopados outros túmulos referenciados na bibliografía (tamén de pequeno tamaño) é outro dato a ter en conta.