MIRADOIROS

MIRADOIROS

Os Miradoiros

Os Miradoiros

Mapa 16:9 - Miradores

Aínda que a dorsal montañosa teña escasa altura, o dominio visual sobre o seu contorno inmediato é moi destacable, creando miradoiros na dirección de todos os puntos cardinais. Podería dicirse que nos camiños que rodean o monte van sucedéndose todas as vistas sobre distancias de varios quilómetros.

Esta boa visibilidade foi aproveitada polas xentes da prehistoria que se instalaron ou gravaron as rochas en lugares destacados polo seu dominio visual sobre a contorna. Petróglifos de Campo da Rata, Alto da Porteliña, Poza da Lagoa, Coto do Corno, ou mesmo o Castro de Negros xa en datas “relativamente” máis recentes eran verdadeiros miradoiros en relación ao nacente, ao solpor, ou para o control das rutas de paso:

Miradoiro do Coto da Arca, con vistas sobre a Depresión do Alvedosa e Depresión Meridiana de Galicia.

Miradoiro do Castro de Negros, con vistas sobre a depresión do río Maceiras (que coincide coa Depresión Meridiana de Galicia) e Monte Galleiro.
Seguindo dirección ao Norte, no Coto do Corno, temos vistas sobre a desembocadura do río Alvedosa, a cabeceira da Ría de Vigo e a Illa de San Simón.
Seguindo ao Oeste, o Miradoiro de Poza da Lagoa e logo, máis abaixo, o de Coto Fenteira, con vistas cara á ría por completo e do estreito de Rande.
E seguindo cara ao Sudoeste, o miradoiro de Trasmañó, na Chan do Rato, con dominio visual sobre a faciana Sur da Ría.