Mámoa de Chan da Cruz. nº14

Mámoa de Chan da Cruz. nº14

Descrición

Medidas do túmulo: 21.50 m. (eixe N-S); 22.50 m. (E-W); 1.25 m. de altura (polo lado N).

Situado uns 30 m. ao S do GA36045036.

Túmulo cun furado central de 4.25 (N-S) por 5.10 m. (E-W) e 0.80 m. de fondo, no que aparecen pedras de granito (de pequeno e medio tamaño), que poderían ser restos dunha coiraza ou incluso da estrutura interna.

No limite S deste furado hai unha “elevación” resultado, probablemente, da acumulación de terra sacada durante o espolio. O túmulo está cuberto de piñeiros con algo de monte baixo (toxo, uz, fieito) e hai unha pedra de granito chantada (linde das parroquias de Trasmañó e Negros) uns 10 m. ao SW do mesmo.